Cinco rúas quedarán libres de coches durante o xoves

Cinco céntricas rúas do Carballiño quedarán libres de tráfico rodado na xornada do próximo xoves con motivo da Semana Europea da Mobilidade (SEM). Trátase dunha campaña sobre mobilidade sostible que ten lugar anualmente dende o 16 ó 22 de setembro.En 2011, o Concello aposta polo seu compromiso 'de ser un referente ambiental, co incremento da calidade de vida da cidadanía e, en concreto, o programa Fomento da mobilidade sostible, definido no Plan de Acción da Axenda 21 Local', segundo indicaron fontes da Concellalía de Medio Ambiente.
Deste xeito, o día 22 de setembro promoverase a campaña 'A Cidade sen o meu coche', xornada sen coches nas rúas centrais dende as 8,00 ata as 19,00 horas. O Obxectivo é que os veciños gocen do centro da cidade sen coches. As rúas que provisionalmente (poderán modificarse en función das necesidades) quedarán cortadas ó tráfico rodado son: Curros Enríquez, Perfectino Viéitez, Cuesta, Cesáreo Tizón e Ribeiro. Os vehículos estacionados deberán ser retirados das mesmas o mércores día 21 ou quedarán inmobilizados.

Te puede interesar