SUCESO

Saída de vía en O Carballiño cun home ferido

Un particular informou os servicios de emerxencia ao redor das 10.30 horas dun accidente no municipio carballiñés

No Concello ourensán do Carballiño, ás 10:20 horas deste domingo, un particular alertaba ao CIAE dunha saída de vía, á altura do número 51 da estrada que sae cara a Ourense. O mesmo alertante aseguraba que o condutor estaba fóra do vehículo, pero que necesitaba asistencia sanitaria.

Os profesionais do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do persoal sanitario e da Policía Local. Igualmente, informaron os Bombeiros e aos efectivos de Protección do Carballiño.

Te puede interesar