Unha sección das Xociviga terá adicación ó cambio climático

As Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (Xociviga), que se celebran do 1 ó 10 de agosto no Carballiño, presentarán unha serie de documentais, películas e unha conferencia para abordar os problemas do cambio climático.
Os documentais ‘Unha verdade incómoda’, ideado polo político estadounidense Al Gore, ‘2050, demasiado tarde?’ e ‘Terra’, integrarán unha sección especial das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (Xociviga) do Carballiño que se inician mañá.

O delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, Francisco Fumega, sinalou onte que ‘o que se trata é de concienciar ós cidadáns para que aprendan a vivir con menos recursos sen perder a súa calidade de vida’.

O programa inclúe tamén unha conferencia do xornalista Joaquín Araujo e a proxección das longametraxes ‘O incidente’ e ‘A profecía das rás’. A concelleira de Cultura, Inmaculada Ucha, anunciou a montaxe, na sala multimedia da Casa do Concello, do xogo interactivo ‘Guardiáns do clima’.


Te puede interesar