Os socialistas organizan unha xuntanza no San Amaro

Os militantes e simpatizantes do PSdeG-PSOE de toda a comarca do Carballiño organizan mañá xoves, día 21 de xuño, a primeira edición da súa 'Xuntanza Comarcal', que consistirá nunha cea que terá lugar no campo da festa da localidade das Neves de Grixoa, no municipio de San Amaro, a partires das 21,00 horas.
No decurso do evento, a que fora concelleira socialista en San Amaro, Gloria González, recibirá unha homenaxe pola súa traxectoria, 'un recoñecemento que se pretende instaurar para anos futuros para outros cargos públicos', según explicou o secretario dos socialistas na comarca, Guillermo Fernández Dopazo.

Te puede interesar