Sogama consigue reducir un 17,5% los residuos que van al vertedero

O complexo medioambiental de Sogama en Cerceda procesou o ano pasado 541.758,81 toneladas de residuos urbanos, un 9,48% máis que no 2010 (494.843,73 toneladas), acadando máximos históricos de eficiencia e produtividade. Esta circunstancia foi a que permitiu a esta sociedade disminuír nun 17,48% os residuos desviados ó vertedoiro de Areosa, pasando das 379.194,37 toneladas vertidas en 2010 ás 312.899,84 do 2011, según indicaron fontes da empresa.
Os responsables de Sogama admiten que a 'sobresaturación' das instalacións, cunha capacidade máxima para 550.000 toneladas, precisa do apoio e a complementariedade de novas infraestruturas industriais. Neste sentido apuntan que a Consellería de Medio Ambiente xa se encargou de definir no marco dun novo plan, establecendo para isto unha rede de oito plantas comarcais de compostaxe e un complexo no sur de Galicia (o previsto para O Irixo).

Engaden que iste proxectospropician que os desperdicios se traten preto dos lugares de producción, con aforro económico e de emisións de CO2.

Te puede interesar