Uns cursiños achegaron a normativa vial a 300 estudantes

Unha das aulas sobre tráfico. (Foto: LR)
Un programa promovido conxuntamente polo Concello do Carballiño e aXefatura Provincial de Tráfico proporcionou nocións básicas encol da Lei de Seguridade Vial ós estudantes de Educación Secundaria dos institutos da vila. Os alumnos de primeiro e segundo ciclo de ESO coñeceron as normas específicas que regulan a obtención dos carnés de turismo e ciclomotor e as medidas de seguridade que se deben tomar no caso de pilotar unha moto, coma é o uso obrigatorio do casco e o acendido das luces de posicionamento, entre outras.
Según apuntaron fontes da Concellería de Tráfico, nas últimas dúas semanas foron 300 os estudantes dos institutos 'Manuel Chamoso Lamas' e Número Un os que participaron nestas charlas de prevención.

Os ponentes foron Dosinda Aguiar, do departamento de Educación Vial da Xefatura de Tráfico; Francisco Valeiras, xefe da Policía Localm, e Guillerme Iglesias, axente e técnico en Seguridade Vial. O obxectivo do programa foi concienciar ós máis xóvenes sobre a necesidade de cumprir a normativa vixente para evitar accidentes.

Te puede interesar