O CARBALLIÑO

Urbanismo dalle luz verde ao parque empresarial de Beariz

photo_camera Zona na que está previsto que se ubique o futuro parque empresarial de Beariz.

Abarcará unha superficie de 67.000 metros cadrados e está previsto acondicionar 16 pacelas 

A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe favorable previo á aprobación definitiva do “Plan especial para a creación dun solo industrial en Beariz”. Abarcará unha superficie de 67.000 metros cadrados, contemplándose 16 parcelas de 1.359 e 4.894 metros cadrados, e sendo a superficie total edificable de 37.869 metros cadrados. O Concello quedarase cunha das parcelas para o seu parque de maquinaria.

As autoridades municipais consideran este proxecto prioritario para evitar que empresarios da zona se trasladen a polígonos doutros municipios por falta de solo onde ubicarse. Nese sentido, o teniente alcalde, Tomás José Sancho, sinalaba que por ese motivo perderon varias empresas, como un taller mecánico, unha de vidrio e un forno, entre as últimas dispostas a instalarse en Beariz. Os terreos elexidos dan fronte á estrada autonómica OU-212 e están ubicados a menos de 1 km da N-541. A superficie a ordenar dispón dun vial principal, que discorre pola zona leste, e outro tanxencial polo oeste, que é a estrada OU–12. O proxecto contempla enlazar ámbolos dous viais coa rúa principal do polígono, que terá 16 metros de ancho.

Transcurridos oito anos dende o inicio do proceso, durante os que se resolveron as alegacións, o proxecto aprobarase definitivamente no vindeiro pleno con vistas a formalizar a expropiación pactada cos comuneiros de Lebozán e encargar o proxecto de execución da urbanización. Tamén se aprobará un regulamento para controlar o tipo de empresas a instalar. 

Te puede interesar