Os veciños do entorno da canceira rexeitan a recollida de animais de fóra do Carballiño

A xunta directiva da Asociación de Veciños de Madarnás, parroquia carballiñesa na que está ubicada a canceira municipal, sinala ó Concello que mantén a súa postura de rexeitar a entrada ó recinto de animais procedentes de fóra do Carballiño.
Os directivos lembran que ‘hai un acordo unánime tomado pola asamblea veciñal en marzo do pasado año polo que se pide limitar a traída de cans ós que se recollan no casco urbán da vila do Arenteiro e nas parroquias do municipio’.

Ademais, os representantes veciñais de Madarnás, que integra os pobos de Barro, Batallás, a Eirexa, A Esgueva e A Medela, onde no entorno deste último se atopan as instalacións municipais da canceira e do Punto Limpo, apuntan que ‘a postura que sosteñen os veciños é a mesma que defendía no seu momento a concelleira de Medio Ambente do Carballiño, María Xosé Pérez’. Nembargantes, a Corporación municipal aprobou na sesión extraordinaria do pasado 26 de marzo -a instancias do BNGa creación dunha fundación para a xestión da canceira, rexida por un padroado aberto á participación doutros concellos.

Interese

Os votos maioritarios de nacionalistas e ‘populares’ fixeron posible esta aprobación, que non contou co visto bó do equipo municipal de goberno, do PSOE. O alcalde, Carlos Montes, alegou que a Deputación provincial ‘está interesada en facerse coa xestión da canceira’, que precisa dun orzamento mínimo de 90.000 euros ó ano para os gastos de mantemento. Neste sentido, os dous grupos da oposición criticaron o retraso na aprobación do presuposto do Concello.


Te puede interesar