Os veciños do Mosteiro tentan recuperar o seu patrimonio

LR-  A restauración do cenobio románico de San Pedro, a limpeza do castro celta e o acondicionamento do manantial mineromedicinal de Mosteiro son os obxectivos dunha entrevista que os veciños desta localidade carballiñesa manterán co alcalde do municipio, asesorados por técnicos de Patrimonio.

Os veciños da localidade de Mosteiro, na parroquia carballiñesa de Santa Uxía de Lobás, manteñen a súa loita pola recuperación do patrimonio etnográfico, histórico e artístico do seu  pobo. ’Levamos moitos anos de abandono por parte das institucións públicas e cecais agora é un bó momento para lembrarlles que aínda estamos vivos’, sinala Xosé Moleiro, presidente da Asociación Cultural ’Orden dos Cabaleiros do Mosteiro’.

Iste colectivo solicitará unha entrevista co alcalde do Carballiño, Carlos Montes, ’para que faga xestións ante Patrimoni para a restauración do mosteiro medieval e a súa igrexa; a limpeza do castro celta e a posta en valor da mina de aguas mineromedicinais que mana no centro do noso pobo’.

Xosé Moleiro recuerda que ’o Obispado de Ourense cedeu o  mosteiro románico ó Concello carballiñés para a súa recuperación en 1983 e o prazo remata dentro dun ano, por iso cremos que é unha boa oportunidade para elaborar un proxecto integral para Mosteiro, renovando ise convenio coa Igrexa’.

A ’Orden dos Cabaleiros’ púxose en contacto con técnicos de Patrimonio, ’para que nos asesoren e determinen cal é a mellor fórmula para conquerir unha saída ó esquecemento’.

Te puede interesar