O CARBALLIÑO

A vila acolle un encontro de música e danza en abril

A Escola de Cultura Popular pon en marcha o “I Convívio de Música e Danza do Carballiño” que terá lugar os días 25 e 26 de abril.

A Escola de Cultura Popular pon en marcha o “I Convívio de Música e Danza do Carballiño” que terá lugar os días 25 e 26 de abril. Cinco obradoiros de música e danza tradicionais sobre gaita galega, canto, técnica vocal, percusión e baile tradicional serán o núcleo deste encontro, impartidos por cinco referentes galegos en cada disciplina como son: Xaquín Xesteira, Felisa Segade, Davide Salvado, Xosé Lois Romero e Quique Peón. Estas xornadas farán do Carballiño un lugar onde compartir visións sobre o patrimonio musical e a súa evolución, e onde mostrar as diferentes interpretacións da actualidade.

Esta iniciativa de convivencia de músicos, bailaríns e tamén doutros persoeiros de distintas disciplinas artísticas permitirá a apertura da Residencia do Tempo Libre durante esas dúas xornadas, nas que haberá outras actividades culturais como unha mesa redonda, unha exposición fotográfica ou un concerto, abertas ó público en xeral.

Os participantes deberán abonar 100 euros por asistir a obradoiros e polo aloxamento. n
 

Te puede interesar