As vilas termais solicitan axuda da Xunta para a súa sinalización

Muleiro, Pilar Morgade, Montes e Legido, na clausura. (Foto: Miguel Ángel)
O alcalde do Carballiño, Carlos Montes, solicitou axudas económicas da Xunta para o plan de sinalización de vilas termais que elaborou a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
O rexedor carballiñés fixo esta reivindicación ante Pilar Morgade, subdirectora xeral de Turismo, no acto de clausura do ‘IX Curso de Termalismo’ organizado pola Universidad de Vigo. Montes, coma presidente da sección termal da Fegamp, lembrou ‘as presións que están a facer os concesionarios de balnearios para que o anteproxecto da nova Lei de Augas non saia adiante’.


Te puede interesar