Os técnicos da Deputación rexistran máis de 17.000 quilos diarios no municipio carballiñés

O volume de recollida de lixo supera a taxa media europea

Instalacións da planta de transferencia de residuos, en Seoane. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Unha persoa, un quilo. Esa é a taxa media diaria que se calcula a nivel da normativa da Unión Europea para a xeneración diaria de lixo. É dicir, no municipio do Carballiño, con 14.145 habitantes, resultaría un volumen aproximado de 14.000 quilos, ou o que é o mesmo, 14 toneladas de residuos recollidas nunha xornada.
Nembargantes, a cifra que os técnicos de Medio Ambiente da Deputación de Ourense, que se fixo cargo no pasado mes de outubro da xestión do servizo (antes municipal), rexistran cada xornada unha media que supera os 17.000 quilos (e nalgún caso os 18.000), que correspondería a unha poboación total de entre 17.000 e 18.000 persoas do casco urbán e das 15 parroquias do rural. 'Esta variación non se ten reflexado noutros concellos da comarca', comentan os técnicos do organismo provincial. Citan os casos de Boborás e O Irixo, 'onde a cantidade de lixo que se recolle a diario está dacordo coa poboación, é decir, non acada os 3.000 quilos nin os 2.000 nos dous casos'.

Ambolosdous concellos citados, integrados coma Beariz, San Amaro e San Cristovo de Cea na Mancomunidade comarcal, sí teñen un repunte no volumen de residuos coincidindo coa época estival, na cal aumenta a poboación coa chegada de familias de emigrantes para pasar as vacacións, pero non no inverno, coma sucede no Carballiño. A explicación que barallan os técnicos é que no municipio carballiñés viva moita máis xente (entre 2.000 e 3.000 persoas) que non esté empadroada.


BALANCE

Dende outubro ata xaneiro, o servizo de recollida da Deputación rexistrou un total de 1.280 toneladas (case 1,3 millóns de quilos), das cales 1.180 corresponderon a lixo orgánico e 100 toneladas a material para reciclaxe (papel, cartón, plástico, latas e vidro).

Te puede interesar