O voto de calidade do alcalde sacou adiante os orzamentos en San Amaro para 2009

Martiño Pinal Manuel Vázquez Arias.
O voto de calidade do alcalde de San Amaro, o ‘popular’ Ernesto Pérez González, foi determinante para a aprobación dos orzamentos municipais para o ano vindeiro -que ascenden a un montante global de 640.000 eurosna sesión extraordinaria que reuniu á Corporación no mediodía de onte.

É que polo equipo de goberno do Concello non asistiu ó pleno o concelleiro Manuel Vázquez Arias, que xa tiña presentada a súa renuncia -por motivos personais-, reducindo así a catro os cinco representantes do PP, que quedou sen a súa maioría absoluta fronte ós catro ediles socialistas. O voceiro do PSOE, Fausto Alén, xustificou o voto en contra do seu grupo alegando que ‘hai unha suba de impostos e taxas para os veciños mentres a partida destinada a investimentos é máis baixa que en anos anteriores’.

Este xornal non logrou poñerse en contacto co rexedor, Ernesto Pérez, para coñecer a súa opinión encol dos orzamentos e a renuncia do seu compañeiro de grupo, Manuel Vázquez, que desempeñaba o cargo de concelleiro ‘popular’ dende 1999.


Te puede interesar