Un xantar contribuirá ós gastos das viaxes dos nenos saharauis

As familias carballiñesas que acollen este ano nas súas vivendas a cinco nenas e nenos do Sáhara promoven, coa colaboración da Concellería de Servizos Sociais, un xantar solidario o vindeiro sábado no restaurante ‘O Pote’ da vila.
A venda das tarxetas, a un prezo de 18 euros, contribuirá ó financiamento das viaxes dos rapaces refuxiados dende os campamentos de Tinduf, en Arxelia, ata Carballiño. No decurso da velada haberá sesións de maxia, música e un taller de tatuaxes, ademais da degustación tradicional dos diferentes tipos de té saharauis.


Te puede interesar