As Xociviga suspenden a sesión do filme “Arrugas'

Exposición das Xociviga, no Carballiño (Foto: XESÚS FARIÑAS)
A organización das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (Xociviga) do Carballiño viuse onte na obriga de suspender a presentación da película 'Arrugas', que estaba prevista para as seis da tarde na sala de proxeccións da Casa da Cultura da vila
A decisión foi motivada polos problemas de tipo familiar que lle xurdiron ó guionista do filme, Ángel de la Cruz, e polos cales non puido desprazarse ata Carballiño para comentar cos espectadores os detalles da realización e posterior producción desta película de animación.

A intención do Cine Clube, organizador das xornadas, era o visionado dun avance de 'Arrugas', que aínda que non será estreada comercialmente ata 2012, foi presentada no pasado festival de cine de San Sebastián, onde obtivo unha moi boa acollida entre o público e a crítica especializada. Mentres, a programación das Xociviga mantívose onte no Auditorio municipal, coas proxeccións de 'Persépolis' e 'Corto Maltés'.

Te puede interesar