As Xornadas de Cine Xociviga prolónganse ata agosto de 2012

Godás, González e Decabo. (Foto: MARCOS ATRIO)
O programa das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (Xociviga) do Carballiño, que cumpren 28 anos de andaina, serán sometidas a unha profunda reestructuración. A diferencia de edicións anteriores, nas que a primeira semana de agosto era a elexida pola organización, as xornadas do audiovisual distribuiranse ó longo dun ano, cun punto de partida fixado no vindeiro mes de setembro.
O concelleiro de Cultura, Rodrigo González, acompañado por Miguel Decabo e Antonio Godás, directivos do Cine Clube Carballiño, suliñaron que 'iste ano, a programacion servirá de enlace entre o Festival do Teatro Galego (Fetega) e as festas patronais de San Cibrán'.

Así, do 10 ó 13 de setembro, o Auditorio municipal e a Casa da Cultura acollerán unha serie de documentais, mentres para outubro está previsto un ciclo de cine de animación, cunha duración de tres días. As novas produccións galegas terán cabida en decembro, para continuar no vindeiro ano con curtametraxes (febreiro e xuño); música de cine (abril), para rematar no mes de agosto con proxeccións na rúa.

Te puede interesar