O xornalista Luís Rial será o mantedor do Antón Losada

O xornalista Luis Rial Suárez, director e presentador do programa das madrugadas 'Pensando en Ti' da Radio Galega, será este ano o mantedor do premio Antón Losada Diéguez que xa vai pola súa vixésimo sétima edición e que organizan os concellos de Boborás e Carballiño en colaboración coa Deputación de Ourense e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O acto será o 9 de xuño no pazo da familia Losada, ás 12,30 horas, logo dunha misa na honra do escritor Antón Losada Diéguez que será as 11,00 horas na igrexa románica de San Mamede de Moldes. Os premiados, Xesús Alonso Montero na modalidade de Investigación e Ensaio, e Agustín Fernández Paz en Creación Literaria, xa confirmaron a súa asistencia.

Te puede interesar