Entre tanto acondicionará só os viales, mantendo a paralización do resto das obras tras a prohibición do Obispado

A Xunta insta ó consenso para poder continuar co proxecto da Veracruz

Carlos Montes e Agustín Hernández. (Foto: Miguel Angel)
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, reiteroulle ó alcalde de Carballiño, Carlos Montes, e ós voceiros municipais do PP e BNG, Argimiro Marnotes e Manuel Amil, que o Goberno galego esperará ao consenso para retomar as obras da praza da Veracruz. Así o transmitiu durante a reunión que mantuveron onte en Santiago, na que confirmou ós representantes municipais que a raíz da paralización do proxecto a Xunta procederá únicamente a acondicionar os viales e habilitar de algún modo o espazo afectado para ser utilizado.
'Mentres ese acordo non chega, a praza se acondicionará para adecuar o espazo co fin de permitir o seu uso e desfrute polos veciños', segundo indicaron fontes da Consellería.

O requerimiento, dirixido ó Concello do Carballiño por parte do Obispado para que non se executasen obras na parte do entorno da iglesia que xa está urbanizada e que considera da súa propiedade, obligou a paralizar a execución do proxecto.

Dende a Consellería de Medio Ambiente reitérase que sempre se actuou dende a colaboración e o diálogo, xa que o pasado 14 de setembro a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, desprazouse ata Carballiño para manter un encontro con todas as autoridades e estudar as reclamacións. Así mesmo, o Executivo autonómico lembra que o proxecto que se estaba a executar foi o aprobado polo Concello e que é o que se inclúe no convenio, previo informe favorable da Comisión Territorial do Patrimonio. O Goberno galego quere poñer en valor o entorno e o Concello, segundo indicou Hernández, ten que facilitar a execución colaborando na procura dunha solución de consenso.

Te puede interesar