O acceso ó balneario de Laias será acondicionado este verán

Un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e o Concello de Cenlle permitirá a axecución das obras de mellora do acceso a área termas de Laias dende a estrada N-120. A Axencia Galega de Infraestruturas licitará esta actuación por un importe de case 188.000 euros, co fin de iniciar as obras no vindeiro verán. Outra das obrigas da Consellería será a de  aprobar o proxecto construtivo e aportar case un 80% do orzamento do total de 150.000 euros.

Pola súa banda, o Concello de Cenlle aportará o 20% restante , 37.800 euros e tamén será a súa obriga poñer os terreos a disposición, libres de cargas e gravames, obter os permisos necesarios, licencias e autorizacións e, por último, asumir a explotación, mantemento e conservación das obras. Con tal motivo, o convenio foi firmado onte polo conselleiro, Agustín Hernández, e o alcalde deste municipio, Gabriel Alén.
Os traballos consistirán na rehabilitación do firme, na mellora dos sistemas de drenaxe para a evacuación das augas pluviais da calzada e na reordenación da sección da estrada para a mellora da seguridade viaria diferenciando os tráficos rodado e peonil, estando proxectado un único carril.

Te puede interesar