A actualización do catastro encarece o IBI en Melón

O grupo socialista de Melón considera que o cobro do IBI segundo a nova valoración catastral con efecto retroactivo de cinco anos supón unha grande carga económica para moitos contribuintes, xa que nalgúns casos implica recibos que superan os 1.000 euros. O portavoz, Marco Antonio Portela, insta ao Concello a que 'este incremento do valor catastral dos inmobles se traduza nunha baixada do tipo impositivo, para que deste xeito non se vexa afectada a capacidade económica dos veciños'.
Pola contra, a alcaldesa de Melón, Cristina Francisco, matizou que a revisión catastral non a fixo o Concello senón o Goberno central, polo que os socialistas poideron pedir que non se levara a cabo. Asegurou tamén que acaba de solicitar unha revisión das cantidades a pagar para comprobar que son as correctas, ó mesmo tempo que en vez de un mes de plazo, amplía o abono a seis meses e de maneira fraccionada.

A rexidora matizou que o catastro facía 10 anos que non se actualizaba e que hai moitas construccións que non estaban pagando o que lle correspondía, o mesmo tempo que era necesario cambiar a calificación de terrenos que pasaron a ser urbanizables coa aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. A alcaldesa recórdalle ós socialistas que se están prestando moitos servizos municipais sin cobrar tasas.

Te puede interesar