O BNG asegura que o orzamento municipal non foi consensuado

O BNG de Ribadavia analizou os orzamentos presentados polo goberno municipal de cara á súa aprobación no pleno ordinario de xullo como un documento moi alonxado do que o Concello necesita na situación actual para dar resposta á súa estabilidade financeira e promover a actividade económica no municipio.
Os concelleiros Anxo Collarte e Edmundo Araújo consideran que os orzamentos municipais deberían ser levados a pleno nos primeiros meses de ano, como en ocasións anteriores, 'xa que non existían razóns de inestabilidade política para que o goberno municipal non os puidera aprobar'. Suliñan que non varían os gastos en persoal nin en bens correntes, mentres que descenden enormemente os investimentos (de 931.381 a 366.000 euros). O BNG apunta que unha boa parte destas cantidades xa estaban confirmadas antes das eleccións, 'o que indica que hai unha evidente falta de xestión municipal ante outras administracións'.


TRABALLO

Por outra banda, Collarte e Araújo aseguran que non se pode falar de consenso do goberno municipal cos grupos da oposición 'cando non houbo reflexada variación algunha no orzamento proposto para aprobación plenaria respecto dos borradores iniciais'.

Te puede interesar