O BNG de Cenlle reclama a execución das suas mocións

Os nacionalistas presentarán na próxima sesión unha iniciativa para acabar co verquido de augas residuais nos montes

O BNG de Cenlle vén de sacar adiante unha proposta no pleno municipal para a reforma e acondicionamento da Praza de Sadurnín. Ademais, anuncia que presentará nunha próxima sesión unha iniciativa para acabar co verquido de augas residuais nos montes. “O maior obstáculo pode ser que o grupo de goberno decida finalmente metela nun caixón e demorar a súa execución”, matiza

O BNG considera que “é relevante destacar este comportamento, xa que como no caso da Praza de Sadurnín, o goberno do concello de Cenlle acaba por atribuirse méritos a iniciativas ás que se opón ou nas que non se implica, gobernando a través do traballo da oposición”. O BNG asegura que conseguíu sacar adiante máis de 20 mocións, pero que “a tónica habitual é que o grupo de goberno deixe apartados eses compromisos adquiridos, retrasando a súa execución”.

Te puede interesar