MELLORAS

O BNG pide melloras no comedor escolar do CPI Tomás de Lemos

"Vimos de comprobar, tras unha conversa coa Ampa do CPI Tomas de Lemos de Ribadavia,  que o servizo de catering do comedor dos alumnos de Secundaria é deficiente", aseguran desde el BNG

O grupo municipal do BNG de Ribadavia presentou unha moción para instar ao Concello a tomar medidas para mellorar o servizo de comedor dos alumnos de Secundaria. Iste grupo da oposición sinala que "vimos de comprobar, tras unha conversa coa Ampa do CPI Tomas de Lemos de Ribadavia,  que o servizo de catering do comedor dos alumnos de Secundaria é deficiente". Na actualidade son 30 os alumnos usuarios deste servizo, "necesario no ensino público e no rural, mais polo que puidemos saber, segundo a información que chega a este grupo municipal, os alumnos non están a recibir unha comida de calidade", engade o BNG. 

Por ise motivo, afirma que "que os nenos dos dous centros que usan o comedor deixan a comida nas bandexas mentres que a empresa que xestiona dito servizo está a percibir igualmente o pago por número de alumnos matriculados".

Así, solicita ao Concello que actúe a través do seu representante no Consello Escolar para obter máis información desta deficiencia e solucionar o problema, e para que  inste á Consellería de Educación a revisar o contrato coa empresa concesionaria dado "este servizo é deficiente", segundo apunta o grupo do BNG. 

Te puede interesar