O BNG de Ribadavia reclama que se reforcen os servizos ferroviarios

Un tren de Media Distancia.
photo_camera Un tren de Media Distancia.

Insta ao ministerio á modernización da liña entre Vigo e Ourense e á Xunta de Galicia o funcionamiento dun tren de proximidade

O grupo municipal do BNG de Ribadavia lamenta que a liña de tren entre Vigo e Ourense non recuperou ningún dos servizos anteriormente suprimidos, “algo que se anunciara para o pasado mes de febreiro coa suposta recuperación dun servizo diario con parada nas estacións da liña como é o caso de Ribadavia”, apunta.

Con todo, engade que “tal e como se pode observar na web de Renfe, hoxe só ten parada en Ribadavia un tren da liña de rexionais entre Ourense e Vigo, e se alguén se despraza de Ribadavia a Ourense xa non ten tren en que regresar ata o día seguinte”.

Dende o BNG critican “esta triste realidade” de non incentivar o uso do transporte público nin facilitar que a poboación das comarcas rurais se beneficie dos descontos que se ofrecen polo seu uso, “véndose aínda máis illada e carente de servizos públicos”.

Por todo elo, reclaman a Renfe que repoña e manteña todos os servizos de tren de media distancia existentes antes de marzo de 2020, coas súas correspondentes paradas na estación de Ribadavia. 

“Instamos ao Ministerio de Transportes á modernización da liña ferroviaria entre Vigo e Ourense e á Xunta a posta en marcha dun tren de proximidade, que preste servizo entre as cidades galegas e as vilas próximas, como xa existe en case todos os territorios do Estado”, conclúen os nacionalistas de Ribadavia.

Te puede interesar