Os Bolechas enseñan a chamar ao 112 aos nenos

Instalacións do CRA Amencer de Ribadavia.
photo_camera Instalacións do CRA Amencer de Ribadavia.
Carlos Bolechas estivo este luns cos nenos do CEIP de Castrelo de Miño e do CRA Amencer de Ribadavia

Carlos Bolechas estivo este luns co alumnado de Infantil e Primaria do CRA Amencer de Ribadavia e despois trasladouse ao CEIP de Castrelo de Miño coa nova proposta do programa de divulgación da Axencia Galega de Emerxencias sobre o uso responsable do número único europeo 112.

A través de representacións teatrais, material audiovisual e obradoiros, os Bolechas explicaron cando se debe chamar ao 112 e os datos que hai que facilitar aos xestores de emerxencias para ter unha resposta axeitada en cada caso. Os nenos puideron ver tamén un vídeo no que Braulio Bolechas amosa como funciona o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias. 

Tras a proxección o alumnado participou nun obradoiro destinado a afondar nos coñecementos adquiridos e aclarar posibles dúbidas, facendo especial fincapé na importancia de facer un bo uso do número de emerxencias 112. Unha mensaxe que poderán ampliar co material didáctico recibido ao final da actividade. Un centenar de centros educativos recibirán este mes de outubro aos Bolechas.

Te puede interesar