Unha campaña fomentará o comercio local en Ribadavia

A vila de Ribadavia foi elexida pola Federación Galega de Comercio para levar a cabo unha campaña de animación ó consumo, que se desenvolverá baixo o lema 'As compras na túa vila teñen premio' entre os días 15 e 26 do presente mes. Según os directivos de Establecementos Asociados do Ribeiro, *nos dous primeiros días da campaña, promotores debidamente identificados informarán e repartirán cartelería e trípticos nos establecementos de Ribadavia, para a participación nun sorteo de 3.000 euros'.
A organización tamén instalaráunha carpa nun punto céntrico da vila, que servirá de punto de información e tamén de validación dos tickets que os comerciantes entregarán ós seus clientes no momento de facer algunha compra.

Cada cliente poderá canxear o ticket por un boleto para participar no sorteo final, tendo en conta que os que acrediten o pago da compra coa tarxeta Mastercard de Novacaixagalicia terá dereito a dous boletos. O día de remate da campaña haberá unha festa ó longo de toda a xornada, con animación de rúa, pallasos, zancudos e malabaristas.

Te puede interesar