A Cooperativa do Ribeiro organiza a segunda edición deste concurso para afeccionados ó viño

“Cata entre amigos' premia ós mellores degustadores

Una cata realizada en la sede del Consello Regulador de O Ribeiro, en Ribadavia. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A segunda edición do concurso 'Cata entre Amigos', organizada pola Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro, permitirá demostrar os seus coñecementos ós afeccionados á cata de viños de Galicia, Madrid, Barcelona, Xixón, Oviedo, Alacante, Málaga, Murcia e Nova York. O certame ten como premio final unha semana de viaxe para o equipo ganador polas tres denominacións de orixe históricas do Camiño de Santiago: Burdeos, Rioxa e Ribeiro.

O concurso, no que participaron na primeira edición más de 2.000 persoas integradas en 172 equipos, presentouse onte en Santiago de Compostela coa presenza do conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez; o presidente da cooperativa, Manuel García Montero, e o xerente da adega, Argimiro Levoso, ademais de compoñentes do equipo gañador no 2009. En 'Cata entre Amigos' poden participar tódolos afecionados ó mundo do viño que o desexen, integrados en equipos de entre cinco e oito persoas.

Estes conxuntos estarán vencellados a un dos establecementos (bares, viñotecas, mesóns, restaurantes) participantes, dexeito que os expertos destes locais actuarán como entrenadores de ata un máximo de tres equipos. O concurso celebrarase en tres fases: 'lúdica', 'cidade' e 'gran final.' A primeira, entre maio e xullo, terá lugar en cada un dos establecementos participantes, onde os equipos realizarán tantos entrenamentos como desexen, dirixidos por un profesional do local. Nesta fase cada equipo seleccionará os tres membros que o representarán no resto do concurso. A fase 'cidade' reunirá a tódolos equipos de cada localidade, mentres a final será en novembro, na propia cooperativa.

MEDALLAS

Por outra banda, oito viños brancos de adegas da Denominación de Orixe Ribeiro recibiron outras tantas medallas no certame 'Challenge du Vin', celebrado a pasada fin de semana na localidade francesa de Bourg. As medallas de ouro foron para Viña Farnadas e Eduardo Peña, mentres Gran Reboreda e Val de Nairoa conqueriron preseas de prata. Na categoría de bronce, levaron galardóns Terra do Castelo, Sameirás, Colección Costeira e Adega do Moucho.

Te puede interesar