Día Internacional das Mulleres

Cata, teatro e dous concursos polo 8M, en Ribadavia

Casa do Concello de Ribadavia.
photo_camera Casa do Concello de Ribadavia.
Mulleres adegueiras, colleiteiras e enólogas serán as protagonistas da xornada do 9 en Ribadavia

O Concello de Ribadavia únese á conmemoración do Día Internacional das Mulleres coa realización de varios actos durante o mes de marzo, comezando por “A Muller Fai Comunidade”, que é unha exposición fotográfica coa que as voluntarias europeas do Corpo Europeo de Solidaridade do Concello de Ribadavia (OMIX), queren amosar algunhas das diferentes caras que as marcaron. Poderase ver desde o 8 de marzo ao 29 do mesmo mes no Café Bar O Morto.

A programación tamén inclúe o concurso do Día Internacional da Muller, que consiste en crear a letra para unha canción en galego. “A letra gañadora será convertida nunha canción, e o premio é que ti podes cantala ou deixar que Nerea e Leonel a interpreten”, sinalan desde a organización. A grabación realizarase no estudio da Oficina Municipal de Información Xuvenil, e a canción lanzarase o 8 de Marzo. Outro concurso denomínase “Debuxa igualdade”, coa participación dos alumnos dos centros educativos do municipio.

O 9 de marzo, na Igrexa da Madalena, ás 19,00 horas: “Cata da Muller”, con entrada de balde ata completar aforo, podendo realizar as inscricións en [email protected]. Adegueiras, colleteiras e enólogas serán as protagonistas da xornada. Remata o 16 de marzo, no Auditorio Manuel María, coa representación de “As damas de Ferrol” de Teatro Noroeste, con entrada de balde.

Te puede interesar