Cenlle mellora os seus servizos bibliotecarios

Anxo Lorenzo e Gabriel Alén durante a visita as instalacións da biblioteca de Cenlle.
photo_camera Anxo Lorenzo e Gabriel Alén durante a visita as instalacións da biblioteca de Cenlle.
Unha axuda de 20.000 euros dotará de novo equipamento a biblioteca

Anxo Lorenzo, secretario de xeral de Cultura, e Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense, visitaron as instalación da biblioteca municipal de Cenlle. Esta é unha das 40 beneficiarias da orde de axudas da Xunta para mellorar o equipamento das instalacións e locais dos concellos destinados a actividades culturais para a que se destinan 500.000 euros en toda Galicia.

Trátase dunha iniciativa para “descentralizar a actividade cultural a través da mellora dos equipamentos dos distintos concellos galegos e constatamos que así o estamos a acadar”, indicou Lorenzo. Neste sentido, referiuse a que só este ano, e ao abeiro destas axudas, a Xunta inxecta preto de 70.000 euros a mellorar equipamentos culturais da provincia.

No caso de Cenlle, a Xunta contribúe a mellorar a súa biblioteca. Nestes momentos, o Concello está a dar un servizo máis eficaz aos veciños, para o que o ano pasado construíu un centro máis moderno tecnoloxicamente. Coa axuda concedida, de preto de 20.000 euros, dotarase á Biblioteca co equipamento necesario para a posta en funcionamento deste espazo. A proposta inclúe unha zona de recepción e atención ao público así como dotar de mobiliario para libros, mesas de consulta, cadeiras e equipamentos específicos para a zona infantil.

Te puede interesar