Cenlle vai renovar o seu saneamento con 275.000 euros

O Consello da Xunta aprobou onte o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Cenlle para a execución das obras de mellora de infraestruturas hidráulicas deste municipio por valor de máis de 275.000 euros.
O proxecto contempla a eliminación de tubos de fibrocemento e colocación de tubaxes de uso alimentario coas súas correspondentes pezas especiais. Estes traballos optimizarán o sistema de abastecemento do concello de Cenlle.

No que se refire a saneamento, construirase unha estación de bombeo con bombas trituradoras situada a 635 metros e conectada coa rede municipal. As obras tamén inclúen a mellora do acceso peonil ao paseo fluvial, acondicionando as dimensións e a drenaxe do túnel peonil que cruza baixo a vía do tren.


PLAZO PREVISTO

A Xunta de Galicia establece un prazo de execución de seis meses para a finalización destes traballos hidráulicos de mellora en Cenlle.

Te puede interesar