Ciclo de cine no Museo Etnolóxico de Ribadavia

O Museo Etnolóxico de Ribadavia programa un ciclo de 'Cine de Outono. Miradas Etnográficas 2012', que se desenvolverá durante os días 5, 19 e 26 de outubro, e os días 9, 16, 23 e 30 do próximo mes de novembro. As sesións de cine serán as 20,00 horas e a entrada é gratuita.
O museo conta coa colaboración do Cineclube Padre Feijoo de Ourense, co Centro Galego de Artes da Imaxe e coa Federación de Cineclubes de Galicia, entre outros.

O ciclo empeza o próximo día 5 de outubro co film 'Milímetros', no que se mostrarán imaxes inéditas de Galicia rodadas entre os anos 1929 e 1932.

A programación deste mes continúa o 19 con 'A aldea. Entre o antigo e o novo', no que se reflexa o contraste entre os pequenos pobos e as cidades masificadas. Para o 26 está previsto 'Volta á aldea', que aborda o retorno ás orixes despois de residir na cidade.

Xa en novembro, proxectaranse catro películas: o día 9 será 'Electroclass', sobre a memoria colectiva; seguirá 'Los materiales', o día 16, centrado na bisbarra de Riaño; 'Circo', que será o 23; e remata o día 30 con 'Ya viene, aguanta, riégueme, mátame'.

Te puede interesar