Clases de imaxe dixital e internet para os veciños de Castrelo

O Concello de Castrelo de Miño, dentro das suás actividades de formación, contempla a organización dun cursiño de fotografía, centrado na utilización de cámaras dixitais. Os participantes terán a oportunidade de aprender a obtención de fotografías e o uso de programas informáticos para a visión e retoque de imaxes. Esta actividade comezará o vindeiro 16 de xullo e extenderase ata o día 21, en horario de 19,00 a 21,00 horas. O prazo de inscripción está aberto, para tódolos veciños e veciñas interesados, nas oficinas municipais.
Co obxectivo de ter uns coñecementos previos sobre informática, o Concello deu comezo onte un cursiño de iniciación a internet e a utilización do correo electrónico. Os alumnos tamén poderán coñecer as técnicas de comunicación en tempo real a través das redes sociais e outros recursos das páxinas web. O curso rematará o vindeiro 14 de xullo e ten un horario de 19,00 a 21,00 horas.

Te puede interesar