A Deputación constata que é unha das tres comarcas con menor subida do paro no último ano

A comarca distínguese polas empresas de alta tecnoloxía

Marcos Blanco, Manuel Baltar y José Manuel Rodríguez, durante la exposición. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O Ribeiro é a segunda comarca da provincia con maior nivel de especialización nos sectores manufactureiros de tecnoloxía media-alta, só por detrás do Carballiño.
As actividades abranguen a industria química, o material e equipamento eléctrico, a fabricación de maquinaria e equipamento, a automoción, a fabricación de material de transporte e a fabricación de instrumentos e fornecementos médicos e odontolóxicos. Esta é unha das conclusións máis positivas do Observatorio Económico Ourensán da comarca do Ribeiro, unha ferramenta de análise económica, laboral, empresarial e social ?enmarcada no Plan OURENSE 92- que puxo en marcha a Deputación de Ourense para coñecer a situación da provincia de Ourense e das súas comarcas.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o xerente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), acompañados polo alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, presentaron onte as conclusións desta análise.

Segundo o Observatorio Económico Ourensán, O Ribeiro foi unha das tres únicas comarcas da provincia onde creceron no último ano as afiliacións á Seguridade Social nos servizos de alta tecnoloxía ou tecnoloxía punta. O incremento cifrouse no 3,5%. As outras dúas subidas déronse en Viana (20%) e en Terra de Celanova (11%). Entre os anos 2009 e 2012, o paro dos sectores de alta tecnoloxía aumentou no Ribeiro o 9,5%, o que significa o carto mellor comportamento do conxunto da provincia.


CENSO

No que atinxe á evolución do censo de centros de traballo, O Ribeiro presenta unha disminución do 4,5% durante a crise, ao pasar de 1.116 centros no ano 2007 a 1.066 no 2011. Neste indicador foi a sétima comarca ourensá con mellor comportamento, por diante da Baixa Limia, Valdeorras, Viana, Terra de Celanova e Terra de Caldelas, que tiveron os descensos máis significativos.

Esa cifra superior ao millar de unidades locais de actividade tamén converte ao Ribeiro na sétima comarca en número de centros, asinando o 4,5% dos existentes no total da provincia.

No que atañe ó desemprego, é a terceira comarca da provincia de Ourense con menor subida porcentual do paro no último ano. O aumento cifrouse no 7,8%, 3,5 puntos porcentuais por debaixo da media provincial, e tres puntos menos que no conxunto de Galicia e de España. Esa taxa de variación interanual inferior ao 8% só foi mellorada por Verín, onde o paro comarcal repuntou un 6,1%, e pola Baixa Limia, onde mesmo acurtouse nun 1,2%.

No conxunto dos sectores económicos, as afiliacións á Seguridade Social caeron un 5,4% no 2012. Por concellos, as menores caídas nas afiliacións durante a crise corresponden a Beade, cunha diminución do 3,1%; a Ribadavia, cun descenso do 5,1%; e a Cenlle, cunha baixada do 6,2%. O Ribeiro tamén aporta o maior número de concellos, tres en total, ao ranking dos 10 municipios ourensáns con mellor comportamento do paro rexistrado entre 2011 e 2012.

Te puede interesar