Comeza a funcionar o bono comercio de Ribadavia en máis de 30 establecementos

Presentando a Campaña de Nadal.
photo_camera Presentando a Campaña de Nadal.
O obxectivo é fomentar as compras no comercio local

Este venres entrou en vigor o Bono Comercio de Nadal con máis de 30 establecementos adheridos a esta campaña. 

Este Bono ofrece 10 euros de desconto por cada 30 euros de compra no comercio local de Ribadavia. Desde o Concello quérese con esta medida fomentar as compras no comercio local nunha campaña moi importante para o sector.

Esta axuda ao comercio estará dispoñible desde hoxe e ata final de ano, o 31 de decembro incluído.

Nas vilas e municipios coma o de Ribadavia, o sector do comercio é un sector socioeconómico clave. Ademáis, supón darlle vida á vila en todos os sentidos.

Esta fin de semana o comercio local de Ribadavia abrirá as súas portas e durante os días 18 e 19 de decembro haberá animación na rúa grazas ao convenio entre o Concello e Establecementos Asociados do Ribeiro, con pases de mañá e tarde o día 18 de decembro; 12:00 a 13:30 e 18:00 a 19:30; e o día 19  de mañá de 12.00 a 13:30.

Te puede interesar