Os concelleiros do PSOE pecharanse no Concello de Beade para esixir plenos

Os dous concelleiros do PSdeG-PSOE en Beade, Miguel Ángel Carreiro e Benito Cibeira, protagonizarán ó mediodía de hoxe un novo peche nas dependencias municipais, co obxectivo de que sirva para que o alcalde -o ‘popular’ Senén Pousacumpra coa lexislación vixente.
Neste sentido, os integrantes do grupo socialista lembran que ‘en Beade, as sesións plenarias de caracter ordinaria teñen que celebrarse o último xoves de cada dous meses, pero a realidade dos feitos demostra que Senén Pousa non ten a intención de converterse en demócrata’.

Miguel Carreiro expón que ‘hai dous meses tivemos un pleno ordinario pero o alcalde xa tiña que ter convocado outro para este vindeiro xoves, e como non o fixo decidimos pecharnos durante dúas horas nas dependencias municipais, a partir das 12.45 horas’.

Rogos e preguntas

O voceiro do PSdeG-PSOE lembra que ‘esta será a segunda vez que protagonicemos un peche, xa que a primeira foi o 14 de setembro do 2007, cando Senén Pousa non aparece para presidir unha sesión extraordinaria que nós solicitáramos daquela’. Carreiro sospeita que ‘o rexedor vai convocar un pleno extraordinaria en febreiro para nomear os compoñentes das mesas electorais, pero iso non nos vale porque nestas sesións non hai rogos nin preguntas’.

Te puede interesar