O Concello de Castrelo inicia a contratación de dous operarios

O Concello de Castrelo de Miño ten previsto solicitar á oficina de emprego de Ribadavia oferta pública de emprego para a contratación de un capataz de obras públicas e un peón. A Alcaldía, que dirixe Xurxo Rodríguez, fixo público un comunicado para dar a coñecer ós veciños do municipio a disponibilidad deste dous postos de traballo para que se apunten os interesados nas oficinas de emprego.
As autoridades locais afirman que se formalizarán sendos contratos de obra e servizo para a execución das labores de limpeza e acondicionamento de vías públicas e de redes de abastecemento e saneamento do Concello polo tempo determinado na concesión da subvención dos programas de cooperación que estipule a Xunta.

'Todos os interesados en participar deberán estar anotados como desempregados na oficina de emprego nas categorías de capataz e peon antes de comezar o proceso selectivo, que se iniciará o vindeiro luns 11 de abril', segundo indican os responsables municipais.

Con estes dous traballadores preténdese cubrir a necesidade de manter os viales e espazos públicos en condicións adecuadas cara a próxima tempada estival. O mesmo tempo que se destinarán a labores de mantenimientos das redes de abastecemento de auga e de saneamento onde sea necesario.

O mesmo Concello tamén acaba de suscribir un convenio coas universidades de Galicia a fin de que os estudantes poidan realizar as prácticas profesionais en Castrelo de Miño. Esta convocatoria está dirixida a estudantes universitarios, a licenciados, e a estudantes de Formación Profesional e ciclos formativos.

Os interesados deberán dirixirse ó axente de empleo do Concello que lles informará dos requisitos a cumplir e sobre a presentación da solicitude.

Te puede interesar