O Concello impulsou o comercio no casco vello rehabilitando os locais

Edificio rehabilitado no casco histórico de Ribadavia. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A crise está afectando á actividade cultural e de ocio de Ribadavia, aínda que autoridades e veciños intentan paliar as carencias con imaxinación, polo que segue a ser unha vila que coida ambos aspectos. Unha das iniciativas da que se sente orgulloso o grupo de goberno ten que ver co impulso do comercio no que incidiu neste ano, co arranxo de locales particulares para aluguer e que en adiante contará co apoio da Deputación. Trátase dun plan pilóto impulsado polo Concello contando coa colaboración dos particulares.
Ribadavia ten nestes intres dos proxectos de envergadura pendentes de executar: a ampliación do seu parque empresarial e a construcción dun novo centro de saúde. Os recortes económicos da Administración autonómica paralizaron a terceira fase do solo industrial, que o grupo de goberno socialista reclama con insistencia, xa que asegura que hai empresas interesadas en instalarse e outras que queren ampliar as súas instalacións. A Xunta retirou unha partida que para este fin contemplara o bipartito nos presupostos, e por iso o Concello decidiu pedir a Xestur que lle ceda os terrenos a fin de promover a urbanización. Para o PP esta solicitude non ten ningún sentido, xa que asegura que se pediu algo, contando co apoio do BNG, que a lexislación actual non permite, segundo aseguraron os responsables.

As precarias condicións do Centro de Saúdemotivaron facer un novo proxecto, do que de momento nada se sabe, aínda que tanto nacionalistas como populares repróchanlle ó Concello a paralise do plan urbanístico, que pode estar afectando a súa execución.

Te puede interesar