O Ribeiro

Conferencia de David Ferreiro no Museo Etnolóxico de Ribadavia

O Ribeiro

FIGURA DE LUIS A. BRAGE

Conferencia de David Ferreiro no Museo Etnolóxico de Ribadavia

O investigador Davir Ferreiro Carballo pronunciará hoxe venres, ás 20.00 horas, unha conferencia no Museo etnolóxico de Ribadavia sobre o músico e compositor Luis A. Brage, irmán do tamén músico Ángel Brage.

O conferenciante será presentado polo etnomusicólogo Luis Costa Vázquez-Mariño, profesor da Universidade de Vigo e director do Conservaorio 'Manuel Quiroga', de Pontevedra.

David Ferreiro naceu enA Cañiza en 1988 e comezou os seus estudos musicais aos oito anos no colegio do seu pobo. Aos 11 anos ingresa no Conservatorio de Ribadavia, onde comeza os estudos de clarinete. En 2006 ingresa no Conservatorio Profesional de Música de Vigo e obtén o títulos profesional de Clarinete tres anos despois. ao tempo que se diploma en Educación musical. Este ano comeza os estudios de Musicoloxía no Conservatorio Superior de Música de Vigo, que remata en 2013. Actualmente fai o cuarto e último curso das ensinanzas superiores de clarinete.n