A convocatoria do concurso de cancións anuncia o festival 'Arteficial' de agosto

A asociación cultural Arteficial vén de convocar a segunda edición do concurso de bandas do festival que leva o mesmo nome, e que se desarrollará o 18 de agosto en Ribadavia. A participación neste certame está aberta a tódolos músicos de Galicia, tanto de xeito individual coma colectivo, para posibilitar a cantantes ou conxuntos non profesionais representar as súas propostas, que poden estar enmarcadas dentro de calquera estilo. O traballo para o concurso será unha maqueta en formato CD cun mínimo de tres e un máximo de seis temas, e o prazo de presentación rematará o 31 de marzo.
Os solistas ou grupos seleccionados participarán nunha final, da que sairán dous gañadores, un mediante o voto popular do público asistente ó espectáculo, e o outro por criterio dos membros da asociación Arteficial. Ámbolosdous serán considerados coma gañadores, e recibirán unha compensación de 250 euros con dereito a actuar na sexta edición do festival.

Mentres, a organización prepara un amplo programa de actividades para os meses previos a agosto. Así, o 25 de febrero festexarase o 'sábado de piñata' nos salóns do Club Artístico, baixo ao epígrafe 'Festa Purgatorio Musical'. Consistirá en que as persoas que acudan vaian disfrazadas de grupos ou artístas musicais desaparecidos, e os mellores terán premio.

Os actos terán continuidade o 31 de marzo, na mesma entidade, con 'Electrokutarte', cunha exhibición de 'pinchadiscos'. Finalmente, o Club Artístico acollerá o 27 de Abril a que será a gran final do concurso de bandas galegas, das que sairán os gañadores de 'Arteficial'.

Te puede interesar