A crise reduce os xoguetes donados durante a festa do Nadal

A Cruz Vermella do Ribeiro puxo en marcha a campaña de recollida de xoguetes para as familias necesitadas da comarca. Son máis de 100 os nenos de entre cero e 14 anos, pertencentes a familias con poucos recursos, os que están esperando estes xoguetes por Nadal. 'Para facer realidade este sono necesitamos da solidariedade dos veciños e veciñas do Ribeiro, xa que son eles os máis importantes para que esto se cumpra', manifestaron os responsables da agrupación.
A Cruz Vermella asegura que 'cada ano faise máis complicado finalizar a campaña de xoguetes con éxito , pois nestes dous últimos detectamos un incremento no número de beneficiarios e unha reducción nas donacións dos veciños, e pensamos que se debe a situación económica pola que estamos pasando'. Por ese motivo, pediuse a colaboración dos comercios alimenticios de Ribadavia e outras poblacións para sortear unha cesta de Nadal, co fin de recaudar fondos para esta campaña coa venta de rifas.


RECOLLIDA

O lugar de donación de xoguetes é na sede da Cruz Vermella, na Casa da Cultura. O horario é de 9,00 a 11,00 horas e de 16,00 a 21,00 horas. A recollida remata o 28 de decembro para que o voluntariado de Cruz Vermella lle dé tempo de arreglar , acondicionar e repartir os xoguetes uns días antes de Reis.

Te puede interesar