A cita do dous de setembro será un xantar reivindicativo contra as medidas de control da Xunta

O 'curro' de Carballeda terá só cabalos de cartón sen chip

Exemplares de cabalos na última edición do 'Curro das Laceiras', en Carballeda. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Os organizadores do 'Curro das Laceiras', que se viña celebrando dende hai 23 anos no municipio de Carballedad de Avia o primeiro domingo do mes de setembro, decidiron suspendelo iste ano en protesta polas medidas tomadas pola Consellería de Medio Rural sobre o control sanitario do gando equino. Entre éstas, a obrigatoriedade de insertar un microchip nos cabalos que pastan na Serra do Faro en réxime extensivo, aínda que estean marcados polos seus propietarios.
O coordenador da concentración de cabalos, Albino Barba, suliñou, ó respecto, que 'a festa vaise reducir a un xantar de confraternidade entre os veciños e os xinetes que veñan con cabalos de montura, xa que istes si teñen microchip, pero non imos traer exemplares do monte porque o prohíbe a normativa ó non estar identificados con ise sistema'. Así, o vindeiro día 2 de setembro, non haberá representación de cabalos do Faro, unha cadea montañesa que está distribuída entre Carballeda, Avión, Melón e o municipio pontevedrés de Covelo.

Pero sí haberá tempo para a inxeniosidade, e alguns dos cabaleiros de Laceiras xa están pensando en deseñar uns cabalos de cartón a xeito reivindicativo contra a normativa da Xunta, 'e outras iniciativas que vaian xurdindo', apunta Albino Barba.

O alcalde de Carballeda, Luis Milia, apoia esta decisión dos veciños de Laceiras, 'xa que non é normal, nesta época de crise, que o propietario dun cabalo teña que pagar 50 euros polo microchip'. O rexedor socialista engade que 'a Xunta non está a potenciar o rural con estas medidas e vai fundir a cría de gando equino, que ademais é moi útil para a limpeza da maleza , que é a orixe dos incendios forestais'.

Un exemplo da repercusión das normas no mercado de cabalos é que un exemplar xa adulto 'antes vendíase por 300 euros e agora non chega ós 60', indica Milia.

Te puede interesar