Curso de 60 horas de inglés comercial para o sector do viño

Será o 26 de outubro e o 29 de novembro en Leiro

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), en Leiro, un curso de inglés comercial aplicado ao sector do viño. Programado entre o 26 de outubro e o 29 de novembro, pretende ser unha formación a medida cun total de 60 horas.

Coa iniciativa búscase dotar ós participantes de ferramentas útiles que poidan ser postas en práctica en procesos de internacionalización de viños galegos, tanto en accións de promoción como en negociacións con posibles clientes foráneos. Así mesmo, perséguese axudar aos profesionais dos departamentos de internacionalización das empresas galegas do sector vitivinícola a realizar unha correcta comunicación oral e escrita en inglés. A acción está dirixida ós sectores de agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, entre outros.

Te puede interesar