Descoñécese a causa da seca das árbores do Avia

A Asociación Ecoloxista Coto do Frade mantuvo una reunión cos responsables da Confederación Hidrográfica Miño-Sil ós que manifestou a súa preocupación pola praga que está afectando ós amieiros dos ríos Avia e Arenteiro.
Neste momento non está claro que sexa un único axente patóxeno o responsable da seca dos amieiros (nun primeiro momento pensábase que o único causante era o fungo 'Phytophtora alni'), posto que hai zonas afectadas, con síntomas similares, onde o fungo non está presente, segundo sinalaron dende a Confederación. Mentres se buscan solucións, só se retiran as árbores que están caendo ou poidan representar un perigo. As outras, de momento, deixanse no seu sitio para evitar que a sua retirada poida espallar o fungo e agravar así o problema. Coto do Frade espera que tanto a Confederación Hidrográfica Miño-Sil como a Xunta sigan traballando en estreita colaboración para acadar unha solución o máis pronto posible.

Te puede interesar