O desfile de carrozas, atractivo da Festa da Vendima de Leiro

Ramón Álvarez, César Fernández e Francisco Fernández.
photo_camera Ramón Álvarez, César Fernández e Francisco Fernández.
Despois do xantar popular, haberá para os máis cativos un espectáculo de maxia e unha festa da escuma no Salgueiral

La “Festa da Vendima” de Leiro, que se celebra os vindeiros 27 e 28 de agosto, chega á súa 31ª edición baixo a organizacion do Concello e contando coa colaboración da Deputación provincial, cunha programación que inclúe unha mostra de viños, os concursos de acios e carrozas, un mercado artesanal, concertos e actividades infantís. O evento foi presentado onte polo deputado César Fernández e o alcalde e o concelleiro de Cultura de Leiro, Francisco José Fernández e Ramón Álvarez, respectivamente.

Na xornada do domingo, día 28, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, será o encargado de ler, ao mediodía, o pregón inaugural, que dará paso ao desfile das carrozas e á cuarta edición da concentracion de vehículos clásicos. Haberá un xantar popular no campo do Salgueiral, seguido dun espectáculo de maxia e unha festa da escuma para os cativos, ademais dun partido de fútbol.

Te puede interesar