Dous viños, premiados coa medalla de ouro en Hong Kong

A Denominación de Orixe Ribeiro posicionouse como a máis premiada na categoría de viños brancos no Concurso dos Mellores Viños Españois para Asia, obtendo dúas medallas de ouro en dita categoría. Os viños Sameirás 1040 de Antonio Cajide Gulín, e Val de Nairoa, conseguiron sendas medallas de ouro, un mérito co que o xurado distingue a tres brancos en España.
Sameirás branco e Sameirás tinto tamén recibiron dúas medallas de prata, mentres que o viño branco Alberte resultou galardoado cunha de bronce.

O Consello Regulador do Ribeiro manifestou que 'foi a Denominación de Orixe mellor valorada en brancos neste certamen no que participaron 327 viños das distintas denominacións e rexións de España'.

A terceira edición do Concurso dos Mellores Viños Españois para Asia celebrouse no hotel Causeway Bay de Hong Kong, contando cun xurado de 47 catadores asiáticos do mundo dos sumilleres, da importación, distribución e xornalismo.

O certame otorgou un total de 171 medallas, das cales 28 foron de ouro, 78 de prata e 65 de bronce.

Os viños meritorios do máximo galardón foron sometidos a unha segunda fase de cata a cegas para confirmar a súa medalla e a unha proba de maridaxe coa comida cantonesa.

Te puede interesar