Os ecoloxistas recurren ó fiscal contra a morte das anguías

A asociación ecologista Coto do Frade está elaborando un informe para presentar entre setembro e outubro ante o Ministerio Fiscal sobre o funcionamento do encoro de aproveitamento eléctrico de Frieira. Esta acción é unha consecuencia da decisión que tomou a entidade durante o mes pasado no senso de non remontar este ano as anguías.
Outra iniciativa é a solicitude a Consellería de Medio Rural, que aínda non obtivo contestación , de información sobre a cantidade de anguías remontadas dende o encoro de Frieira. 'Pero como ben dixemos fai un tempo, a anguía é o símbolo que engloba o resto de especies migradoras do río Miño. Por todo isto ampliamos a solicitude de información ó resto de especies mediante carta entregada a Consellería do Medio Rural '.

Coto do Frade insta á Xunta a que 'se nos entregue copia dos informes do resto de especies migradoras remontadas dende o encoro de Frieira (salmón atlántico, lamprea, troita marisca ou reo, alosas?) así como outros peixes que consideren de interese e que estean recollidos nos informes do servizo de Conservación para a Natureza ou os seus análogos dependentes da Xunta (escalo, bermejuela?.)', segundo se recolle no escrito que complementa a petición xa plantexada no mes pasado para coñecer a situación do remonte das anguías. A entidade ecoloxista levaba moitos anos facendo esta labor de maneira manual para evitar a mortandade no encoro.

Te puede interesar