Concelleiro do BNG

Emilio Cuíñas Sotelo: 'O plan urbanístico pode xerar diferencias no bipartito'

Emilio Cuíñas Sotelo tomou posesión do seu escaño como concelleiro polo BNG en Ribadavia no transcurso do último pleno. É natural de Fracelos, ten 30 anos, e traballa como xerente do plan de dinamización turística de Ourense e profesor dun Máster de Planificación do Turismo.
¿De que áreas municipais é responsable?

Asumín as que tiña Xavier Carreira: Promoción Económica, Comercio, Turismo, Medio Rural e Participación Ciudadá.

¿Será moito traballo?

Si, pero a aposta do BNG está por asumir a maior carga de traballo posible, o que supón un reto importante. Un dos meus obxetivos consiste en crear e manter equipos técnicos e eu intervir como coodinador. Solicitamos varios programas europeos para incorporar máis persoal.

Do un ó 10 evalúe o nivel de entendemento no bipartito de Ribadavia.


En entendemento daríalle un sete.


¿Cales son as discrepancias?

Superada a crise do reparto de responsabilidades e de adicacións exclusivas, cada un está centrado nas súas propias áreas, pero agora temos de novo enriba da mesa un dos temás máis importantes que é a aprobación do plan urbanístico e nós pensamos que hai deficiencias que hai que mellorar, e eso pode xerar diferencias.

¿Cales son os maiores problemas do Ribeiro?

Ribadavia ten que reactivar a súa economía con un tecido empresarial, comercial e de servizos, para que volva a ser referente na comarca. No Ribeiro fal tan oportunidades para que os xóvenes se podan realizar profesionalmente. A falta de capital humano leva á destrucción do sistema productivo e a diminución dos servizos.

¿Como está o sector do viño?

Despois dunha época de crise, leva dous anos recuperando o pulso. As adegas que son capaces de poñerse ó día fan viños de recoñecido prestixio. A elaboración témola superado, ahora hai que traballar por mellorar a distribución e a promoción.

¿En que vai a incidir como concelleiro?

En reformular a organización da área de Promoción Económica, Comercio e Turismo para poñela ó servicio dos comerciantes, hosteleiros e empresarios. Canalizar as subvencións e buscar a fómula para comunicarlle que dispoñen de unha ferramenta para ser máis competitivos para facer viables os seus proxectos.

¿Ten aspiracións políticas?

En política levo ano e medio e aínda non teño aspiracións concretas, agora, a de traballar por Ribadavia e polo BNG, aínda que non descarto nada.

Te puede interesar