As empresas poderán asesorarse nun tráiler

A iniciativa "O Camiño da innovación" percorre Galicia e estará o próximo 23 de novembro en Ribadavia

A iniciativa “Camiño da Innovación”, impulsada pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), está a percorrer toda Galicia cun tráiler como espazo de inspiración, información e servizos próximos ás microempresas e pemes galegas. 

Esta actuación enmárcase no Programa de Impulso á Innovación nas Pemes de Galicia, que ten como obxectivo promover que a innovación sexa a esencia da competitividade das pemes galegas, e contribuír a superar os obstáculos para innovar.

Así, o próximo 23 de novembro, dentro do seu recorrido pola provincia, o tráiler recalará en Ribadavia, na rúa San Lázaro, en particular na Explanada de O Consello. O encontro coas pemes terá lugar na Casa da Cultura de 9,30 a 11,00 horas, coa asistencia do vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde.

A seguinte parada será en San Cibrao das Viñas, o 24 de novembro, xunto ao Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). E o día 25 chegará a Xinzo da Limia, á praza Carlos Casares, co encontro na Casa da Cultura.

Te puede interesar