As entradas do festival musical Arteficial xa están á venda

A asociación Arteficial vén de confirmar que a sexta edición do festival de grupos musicais que organiza desenvolverase nas instalacións do Clube Artístico de Ribadavia o vindeiro sábado 18 de agosto.?Tra-la presentación xa realizada na sala Auriense de Ourense o dia 22 de xuño, terán lugar ahora outras dúas, unha en Vigo, o dia 10 de agosto, coa actuación do grupo de Valladolid 'Frieda´s Still in Love', e hoxe, martes, na Casa da Mocidade de Ribadavia, ás 10,30 horas.
A asociación Arteficial confirmou ata o momento a presencia no certame musical das bandas 'Guadalupe Plata', de Granada; 'Unicornibot', de Pontevedra; 'Betunizer', de Valencia; 'Inibo', de Celanova, e, finalmente, a venezolana 'Plus Lottus'.

A venda anticipada de entradas, ó prezo de sete euros, lévase a cabo nos bares Meu e Aljama, de Ribadavia, e na páxina web http://laboleteria.es/, aínda que tamén poderanse solicitar na taquilla do Clube Artístico, a 10 euros, O día do festival, no que se abrirá a sala ó público a partir das 20,00 horas, para permitir un fácil acceso e máis comodidade ós asistentes.

Te puede interesar