saúde

Estudantes de Medicina coñecen as augas termais de Arnoia

photo_camera Instalacións do balneario de Arnoia.

O tratamento das doenzas crónicas e a promoción do benestar a través da balneoterapia é o tema que vai centrar as xornadas

O tratamento das doenzas crónicas e a promoción do benestar a través da balneoterapia é o tema que vai centrar as xornadas que comezan hoxe, ás 16,30 horas, e durante esta fin de semana, no balneario de Arnoia, no marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia.

Un grupo de estudantes galegos de medicina coñecerán as indicacións terapéuticas das augas mineromedicinais á hora de abordar a estes pacientes. A coordinadora da Cátedra é a doutora Dolores Fernández Marcos, médico especialista en Hidroloxía médica e directora médico de Caldaria Termal, que aglutina os balnearios de Arnoia, Laias e Lobios. Salienta que "a dor crónica é nalgúns casos unha entidade patolóxica en si mesma, xa que o paciente ten que enfrontarse tanto ao prognóstico da súa doenza como ao estrés que produce desenvolver as actividades rutinarias da vida con dor".

Te puede interesar